
Esperanza Vázquez Dopico
-FOTOGRAFÍA-
Non recordo o que é vivir sen unha cámara cerca. Dende que teño uso de razón, ou tal vez antes, ela estaba aí, preparada para que eu comezara a captar instantes, dándome a oportunidade de poder retroceder no tempo.
Amante desta arte, da música e do mundo radiofónico, decidín saír da miña zona de confort un 28 de novembro do 2012, inaugurando a miña primeira exposición fotográfica na miña cidade nata, Ferrol. Co paso do tempo brindóuseme a oportunidade de expoñer en diferentes lugares deste concello, aínda que tamén se puido ver parte do meu traballo en Valdoviño, Cedeira, Cerdido ou A Coruña.
Graduada en Información e Documentación intento intercalar o mundo dos libros e dos documentos co da fotografía, mundos lonxanos e cercanos ao mesmo tempo.

Fotografía: Ánxela Vázquez Dopico
Como dixo un dos meus referentes Sebastião Salgado: "Você não fotografa com súa maquina. Você fotografa com súa cultura."