"Removendo Recordos"
- Esperanza Vázquez Dopico
- 9 oct 2017
- 1 Min. de lectura
O pasado venres ,6 de outubro do 2017 , un dos meus soños facíase realidade. Inauguraba a miña nova mostra no Ateneo Ferrolán, unha institución moi importarte na cidade de Ferrol polo seu compromiso coa cultura do noso pobo.
Foi un auténtico pracer poder ver tantas caras coñecidas ao meu carón nun momento tan especial, xa que sempre é moi gratificante escoitar novos consellos sobre o meu traballo. Dende aquí quero agradecerlle a todas esas persoas a súa presenza e, como non, ao Ateneo polo seu apoio.
"Removendo Recordos" é unha proxecto composto por 31 fotografías que intenta provocar unha sensación de viaxar no lugar e no tempo a través das diferentes cidades que se mostran. Destacando as poucas pinceladas de cor, volta a predominar o branco e negro e os detalles, dous sinais de identidade a través do obxectivo.
Este é o primeiro destino desta exposición, que estará aberta ata finais de outubro. Posteriormente haberá outras paradas nesta e noutras cidades. Así que ainda estades a tempo de poder disfrutala.

Fotografía: Ánxela Vázquez Dopico
Comments