-Vieira do Minho-
- Esperanza Vázquez Dopico
- 12 oct 2017
- 1 Min. de lectura
Cando se fala de viaxar atopamos dous tipos de persoas, as que precisan marchar moi lonxe e as que valoran o feito de descubrir algo novo independentemente dos quilómetros que haxa que percorrer.
Viaxar como sinónimo de aprendizaxe, adrenalina, felicidade, descubrir distintas formas de vida, medrar como persoa, de valorar todo o que temos no noso día a día e que, por algunha razón, non valoramos ata que vemos como é a vida doutras persoas.

O pasado mes de setembro tiven a oportunidade de visitar territorio luso para coñecer a zona de Vieira do Minho, unha paraxe natural onde se pode desfrutar do Parque Nacional da Peneda-Gerês ; un lugar onde poder desconectar, relaxarte e desfrutar da montaña.

Durante a estancia neste recuncho de Portugal puiden desfrutar dunha cultura diferente á vez que semellante á nosa, da súa gastronomía e das súas tradicións. Unha experiencia moi gratificante que tiven a sorte de poder captar coa miña fiel compañeira de viaxe.
"Viajar es volverse mundano es conocer otra gente es volver a empezar. Empezar extendiendo la mano, aprendiendo del fuerte, es sentir soledad.
Viajar es marcharse de casa, es vestirse de loco diciendo todo y nada con una postal. Es dormir en otra cama, sentir que el tiempo es corto, viajar es regresar."
Comments