top of page

Mulleres e fotografía

  • Foto del escritor: Esperanza Vázquez Dopico
    Esperanza Vázquez Dopico
  • 17 oct 2017
  • 2 Min. de lectura

Frustración foi o que sentín cando quixen expresar tantas ideas que tiña na mente e non eran quen de saír. Tiña claro o que quería dicir mais non como. Escribir sobre o papel das mulleres no mundo da fotografía non é doado. Sen embargo, conforme ía capturando os instantes da seguinte reportaxe que vos presento, tiña a necesidade de expresar todo o que sinto e vivo cada día.


No ano 2012 decido dar o salto, arriscarme a montar unha exposición sen que ninguén me coñecera, aparecendo sen máis, nunha cidade pequena na que todo o mundo cuestionaría o que estaba a facer. Era decembro, quedaba pouco para rematar un ano clave na miña vida, onde os sabores amargos tiñan que ser contrastado cun toque doce. Tomar esta decisión non foi tan rápida coma un abrir e pechar de ollos, daquela era unha rapaza moi nova que tiña diante un mundo totalmente estraño e complicado. Si, digo complicado posto que é unha arte onde conseguir un oco é cuestión de constancia e moita sorte, xa que non deixas de ser unha nova cara que irrompe con forza e que ten claro que non vai deixar de loitar por conseguir as súas metas.


Ser muller e estar detrás dun obxectivo, levoume a ter que responder moitas preguntas á hora de montar unha mostra ou presentar un proxecto; interrogantes que no caso de ser un home quizais non tería que responder, polo que me leva a confirmar ,máis que me pese, que existe unha tremenda desigualdade. Poucas veces son as ocasións que atopo a firma dunha muller no pé de foto nun xornal ou que vexo igualdade entre mulleres e homes no mundo da industria fotográfica.



Nós case sempre estamos diante, aparecendo como as caras bonitas ou a imaxe que se emprega para poder transmitir unha mensaxe ou impoñer unha ideoloxía. Sen embargo, as fotógrafas existimos. Existimos tanto que somos quen de captar aquelo que outros non poden ver a pesar de estar ao noso carón. Temos esa sensibilidade, constancia, forza e perseveranza por conseguir unha imaxe que ensine o mundo tal e como é. Así que temos que seguir loitando ata chegar o punto no que vexamos respecto e valoración entre todas as persoas amantes da fotografía, independentemente do sexo que teñamos.


Esta semana teño a sorte de presentarvos unha serie de instantáneas nas que aparece unha rapaza moi valente que ten claro que soños quere cumprir, que metas quere alcanzar e que quere facer no mundo para que, ao marchar, este sexa un pouco mellor.

Dende aquí quero agradecerlle que voltara posar para min despois de tantos anos, que voltara ser ela mais a súa mirada, ese xesto que nos namorou tanto no 2013, na exposición “Co paso do tempo”. Grazas, Ánxela!




 
 
 

Commentaires


© 2023 by The Mountain Man. Proudly created with Wix.com

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Flickr Icon
  • Black Instagram Icon

Únete a nuestra lista de correo

bottom of page