top of page

-Sucedáneo de outono-

  • Foto del escritor: Esperanza Vázquez Dopico
    Esperanza Vázquez Dopico
  • 30 oct 2017
  • 1 Min. de lectura

Que está a pasar? Estamos a piques de comezar o penúltimo mes do ano e nós seguimos coma se fora outra época. Pasear polos bosques ou acercarnos ás costas, non semella nada do que era anos atrás. As árbores están tolas, tanto que non saben se espirse ou poñerse as súas mellores galas coma na primavera. Compañeiras, coma a choiva, non se deixan ver a pesar de que saiban que ás necesitamos, din que están ocupadas ou cansas de ter que apagar tantos lumes nestas últimas semanas.



Non vai frío, o mar está coma un prato, puidéndose ver as profundidades dende os cantís, coma se fora unha tarde de xullo. Toda unha serie de acontecementos pouco inusuais para a estación na que estamos, deixando claro que nós, a especie humana, estamos a facer algo que non está ben, aínda que moitos non queiran darse conta do gran risco que supón a desaparición das estacións e todo o cambio climático en xeral.

Non vale de nada que protestemos un día ao ano, debemos de implicarnos as trescentas sesenta e cinco xornadas que o compoñen intentando manter o mundo tal e como é.


Levo semanas querendo capturar unhas instantáneas que andaban pola miña mente, sen embargo non estaban presentes os elementos para que éstas puideran ser realidade. Hoxe, 30 de outubro, decidín saír coa miña fiel compañeira para mostrar o que está decorando a miña cidade. Neste caso paseei polo Cantón de Molíns para sacar unhas cantas fotografías e ensinar asi a súa situación actual.



 
 
 

Commentaires


© 2023 by The Mountain Man. Proudly created with Wix.com

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Flickr Icon
  • Black Instagram Icon

Únete a nuestra lista de correo

bottom of page