top of page

"Betanzos dos cabaleiros"

  • Foto del escritor: Esperanza Vázquez Dopico
    Esperanza Vázquez Dopico
  • 13 nov 2017
  • 2 Min. de lectura

Coa brisa no rostro e a banda sonora de fondo, poñíamos rumbo á nai de todas ás tortillas, Os Caneiros no Mandeo, o Pasatempo e as costas empinadas. O día estaba apunto de comezar e nós preparadas para enfrontar unha divertida e diferente xornada.


Visitar este recuncho de Galicia sempre é moi gratificante, xa sexa por como eres recibida ou pola enerxía que se respira nas súas rúas. Betanzos é un municipio cunha poboación de 12.966 habitantes (INE 2016), situado no norte da provincia da Coruña. Tamén é coñecida como “Betanzos dos Cabaleiros” por ser unha das sete capitais de provincia do antigo Reino de Galicia. Actualmente o seu casco medieval está declarado como Conxunto Histórico-Artístico.


Dentro deste núcleo urbano podemos destacar diferentes elementos dos que puidemos disfrutar nesta visita. En primeiro lugar o coñecido parque do Pasatempo, un recinto inaugurado no 1914, ideado por Juan García Naveira. Neste enclave se poden visitar as diferentes zonas verdes, os estanques, unha zona infantil, o auditorio ao aire libre ou as grutas subterráneas.



En segundo termo o propio casco antigo, onde está situada a famosa “Praza do Campo” onde se celebra a feira e onde se dá saída ao globo de San Roque a noite do 16 de agosto cada ano. Nela tamén se pode ver a Igrexa de Santo Domingo, construída a súa torre no século XVIII.


En terceira instancia, a súa famosa tortilla, un plato estrela deste lugar debido aos últimos recoñecementos que recibíu, considerándoa como a mellor tortilla do Estado Español.


Despois desta breve reseña con algunhas pinceladas básicas, preséntovos na galería de imaxes unha selección de instantáneas onde podedes ver a miña perspectiva sobre esta localidade.


Agardo que vos guste!




 
 
 

Comments


© 2023 by The Mountain Man. Proudly created with Wix.com

  • Black Facebook Icon
  • Black Twitter Icon
  • Black Pinterest Icon
  • Black Flickr Icon
  • Black Instagram Icon

Únete a nuestra lista de correo

bottom of page