top of page

... comezar de novo

Quilómetros cargados de pensamentos sobre o porvir; incógnitas difíciles de resolver acerca de como será ese futuro cheo de interrogantes; menceres tinxidos de cores de outono que se traducen en enerxía para poder afrontar os novos camiños que se abren. De fondo soando “Requiem” de Toundra, unha melodía idónea para poder experimentar todo o que levamos dentro de nós.

Viaxes de reflexións sobre se merece a pena arriscar e adentrarse nun mundo descoñecido, lonxe da zona de confort; instantes nos que te dás conta de que as oportunidades non chaman a túa porta, se non que agardan a túa visita para poder establecer así un vínculo; relacións que nalgúns casos poden ser de amor ou de odio.

Puntos de partida onde se acepta un contrato que leva implícito unha evolución, unha aprendizaxe, un progreso que terá como meta descubrir novos capítulos sobre a vida mesma; leccións que encerran obstáculos que superar como a nostalxia, a distancia ou a soidade.


Momentos nos que empezamos a valorar o que está ao noso carón e moitas veces non nos percatamos; situacións que temos que vivir para darnos conta do que podemos perder en menos de sesenta segundos; días nos que decides dar un paso adiante e descubrir todo o que ata agora estaba tan lonxe.



Xornadas que rematan coa mesma sensación do inicio, cunha pregunta que cavila na nosa mente acerca de si é correcto o que estamos a facer; noites nas que desexas poder voltar a ese lugar do mundo onde te sentides segura e recargas as pilas para poder comezar un novo capítulo da túa historia chamada vida.




bottom of page